Viernes, 05 de Marzo del 2021

Axentes do Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Policía Nacional de Ferrol e dun vixilante da confraría desta cidade, desenvolveron hoxe en Ferrol un operativo contra o furtivismo que se saldou con 3 persoas identificadas, coa incautación de 9 útiles de pesca e co comiso de 12 quilos de percebe. 

 

Os tres identificados ían nun vehículo que foi interceptado polos axentes da Policía Nacional na estrada do Confurco. Nel transportaban 12 quilos de percebe que foi requisado, segundo puideron comprobar os axentes, por ser obtido de maneira ilegal, xa que procedía dunha zona na que non está permitida a extracción de percebe e ademais os identificados non dispoñen de permiso de explotación.

 

Este produto tería un valor estimado no mercado de arredor de 260 euros e foi entregado no Centro de Menores nº1 de Ferrol. Ademais os axentes de gardacostas tamén requisaron os útiles que transportaban, en concreto, 1 traxe de neopreno, 1 pantalón de neopreno, 2 pares de escarpíns, 3 raspas e 2 sacos de rede.

 

A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.Foi realizado por axentes do servizo de Gardacostas, en colaboración con axentes da Policía Nacional de Ferrol e dun vixilante da confraría desta cidade.

 

Escribir un comentario

Código de seguridad
Refescar

2010 Asociación Gallega de Guardas Particulares de Campo - Email: contacto@guarderiogalego.es
Diseñado por Ritech