Viernes, 27 de Noviembre del 2020

Esta asociación créase legalmente no ano 1999, aínda que os primeiros pasos víñanse dando dende 1997 pola iniciativa dun grupo de Gardas da provincia de A Coruña, que comezaron a xuntarse despois duns exercicios de tiro.
Nace aberta a tódolos Gardas de Galicia, sendo os seus primeiros obxectivos a dotación de uniformidade a tódolos seus asociados ( buscando e adquirindo por conta da Asociación os distintos elementos que compoñen o uniforme), a formación continua, o establecemento de liñas de diálogo tanto coa Administración coma coas Forzas de Seguridade, é en especial coa Garda Civil, e a información das nosas actividades a as entidades máis susceptibles de contratar os nosos servicios, en especial Tecores e Confrarías de Pescadores.

Tempo andando as actividades amplíanse, sendo pioneiros xunto con outras organizacións españolas do intento de constitución dunha agrupación de Asociacións a nivel de Estado, agrupación que da lugar ao Consello Nacional do Garderío, que esta Asociación Galega abandona vendo o seu funcionamento totalmente contrario antidemocrático. 
Hoxe en día, formada por Gardas das catro provincias galegas, é con delegacións en todas elas, e un referente tanto en Galicia coma en España na loita polos dereitos dos Gardas de Campo, estando presente en negociacións das principais leis que nos afectan: reforma da Lei de Seguridade Privada, regulamento da gardería de campo en Galicia, etc..
Aínda que botando a vista atrás vemos que o camiño percorrido e grande, e a situación actual mellor que a pasada, a loita non pode parar. Asuntos complexos, coma o da creación de gardas autonómicos, requiren todo o noso esforzo na procura dos nosos dereitos. Estamos firmemente convencidos que con o apoio de tódolos compañeiros iremos a mellor pouco a pouco.
A inmensa maioría dos cazadores, dos mariscadores ou incluso dos bañistas nas praias, teñen o Garda de campo coma unha referencia, alguén que vixía polo cumprimento das normas, pero tamén alguén ao que pedirlle axuda para resolver calquera dúbida ou calquera problema. Isto énchenos de orgullo, o bo cumprimento do deber é a nosa maior satisfación.

JUAN JESUS PERMUY SAAVEDRA


 

MIGUEL ANGEL NAYA GARCIA

Presidente da Asociación Galega de Gardas Particulares de Campo.

 

Contacto Asociación:

Email 1:   Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Email 2:   Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfono:   659 58 34 35

2010 Asociación Gallega de Guardas Particulares de Campo - Email: contacto@guarderiogalego.es
Diseñado por Ritech